Os concellos quéixanse de que a Xunta non lles dá o diñeiro prometido para loitar contra a Covid-19

A convocatoria inicial da Xunta indicaba que as axudas cubrirían ata o 80%. O Concello do Grove di que as axudas só cubrirán arredor dun 15% dos gastos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia convocou hai unhas semanas unha subvención destinada ao “mantemento dos gastos derivados do establecemento de normas e pautas organizativas, do mantemento e limpeza e da conservación e control ambiental das praias, derivadas da implantación das medidas extraordinarias por causa da pandemia da Covid-19”. O Concello do Grove foi informado de que se trataría dunha axuda que poderían sufragar ata o 80% destes gastos e que cumpría as condicións para solicitala como municipio turístico de referencia. Con todo, este municipio denuncia agora que só recibirá unha cantidade ridícula, do 15% do total.

San Vicente do Mar, O Grove
San Vicente do Mar, O Grove

GASTOS POLA COVID-19

Os gastos recaerían sobre a contratación de persoal, solicitando un incremento de efectivos nos servizos de limpeza e socorrismo. En produtos de limpeza e desinfección específicos, tamén en EPIs adecuados, termómetros de contacto, máscaras e fundas axeitadas e incluso padiolas melloradas para atender posibles emerxencias. No referido a hixiene e saneamento, o incremento de módulos de aseo. Tamén se indica a necesidade de aumentar o número de torres de vixilancia nos distintos areais e os correspondentes custos de maquinaria, sinalización e balizamento.

total da axuda solicitada polo Concello do Grove elevábase a 233.310,86 euros, sendo conscientes de que dende a Xunta de Galicia só se lle faría fronte a un máximo do 80% deste custo. Porén, a comunicación recibida hoxe de xeito informal comunica que a Xunta achegará ao redor de 35.000 euros para lles facer fronte a todas as medidas indicadas, polo que semella que, unha vez máis, os fondos deberán saír dos orzamentos municipais.

 

MEDIDA ELECTORALISTA

 

Dende o Concello do Grove consideran esta axuda unha medida electoralista, como outra das súas medidas estrela para os votantes. De feito, esíxese que todas as actuacións levadas a cabo inclúan o patrocinio da Xunta de Galicia, independentemente da contía outorgada.

 

Agárdanse explicacións claras sobre adistribución destas subvencións e que non se produzan, como parece previsible, discriminacións entre os distintos concellos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta