Temas: VALDEORRAS VIñO

A cultura do viño tamén se adapta á pandemia

XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras. Este ano abriuse a todas as adegas da comarca e suporá un interesante escaparate promocional, en substitución da Feira do Viño que tiña que terse realizado por estas datas.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 11/07/2020 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Oito catadores especializados degustaron o venres 10 de xullo, nas instalacións do Consello Regulador, en Vilamartín de Valdeorras, un total de 28 referencias de brancos e 29 de tintos da comarca. Fixérono no marco da XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, que este ano decidiuse abrir a todas as adegas da comarca.

Cata oficial na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Foto: CRDOV
Cata oficial na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Foto: CRDOV

“A cata oficial cobra este ano especial protagonismo, en tanto en canto suporá un escaparate promocional para os nosos brancos e tintos en substitución da tradicional Feira do Viño, que tivo que ser cancelada como medida preventiva fronte á Covid-19”, afirmou García Pando.

Tradicionalmente, a cata ía dirixida a aquelas adegas que participaban na feira con espazo expositor de seu, mais nesta ocasión fíxose accesible a todas as interesadas. Segundo comunica o Consello Regulador, 23 foron as que remitiron mostras para seren avaliadas.

ENTREGA DE PREMIOS

A XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras porá en valor os mellores brancos e tintos da zona no marco dun acto público de entrega de premios que se celebrará o vindeiro 31 de xullo na comarca. Distinguiranse os tres mellores brancos e os tres mellores tintos e haberá unha mención especial para brancos e outra para tintos doutras añadas.

Temas: VALDEORRAS VIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta