Temas: GALICIA VIVENDA

A compravenda de vivendas afúndese un 44,7% en Galicia en maio, con datos peores que abril

Acumula tres meses consecutivos de caídas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2020 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a compravenda dun total de 861 vivendas en maio, o que supón un esborralle do 44,7% respecto ao mesmo mes de 2019, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Supón o terceiro mes consecutivo de baixada interanual na Comunidade galega. Son 39 compravendas as que se producen en Galicia por cada 100.000 habitantes, a terceira cifra máis baixa do país. Ademais, en Galicia hai un descenso tamén en comparación co anterior mes de abril, no que a compravenda de vivendas alcanzo as 910 operacións.

Das 861 operacións de abril, 821 son de vivenda libre e 40 de protexida. A maioría son de segunda man (709), mentres 152 son novas.

Evolución de compravenda de vivendas en Galicia. EPDATA
Evolución de compravenda de vivendas en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Temas: GALICIA VIVENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta