O presidente da Deputación de Lugo cre que Alcoa "pasou factura" nas eleccións e apoia darlle máis tempo a Caballero

Cre que o "bombardeo constante" contra a xestión da pandemia do Goberno central tamén afectou nos resultados.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 13/07/2020 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, considerou que a pandemia do cononavirus e a situación da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Lugo, pasaron "factura" ao PSdeG pero trasladou o seu apoio ao candidato socialista, Gonzalo Caballero, ao que apoia darlle máis tempo á fronte do partido.

José Tomé
José Tomé | Fonte: PSdeG.

Así se pronunciou nunha entrevista radiofónica difundida pola propia institución provincial o tamén alcalde de Monforte, que sostivo que, aínda que o PSOE mellorou o seu resultado, este incremento de apoio foi "insuficiente".

Ademais, asegurou que a "conxugación" de "varias cousas" como o "bombardeo constante" contra a xestión da pandemia por parte do Goberno central e a "problemática de Alcoa" afectaron os resultados.

Con todo, subliñou o seu apoio ao secretario xeral do PSdeG e candidato á Xunta, Gonzalo Caballero, do que lembrou que "leva moi pouco tempo á fronte do partido". "En poucas ocasións se gañan as eleccións á primeira", manifestou.

"Ten un bo proxecto, aínda non era o seu momento, que estou seguro de que chegará. Tense que dar a coñecer un pouco máis", afirmou nunha intervención na que lembrou que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, encara xa o seu cuarto mandato e que a nacionalista Ana Pontón leva uns "15 anos" na Cámara galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta