Estabilizado un incendio en Vilar de Barrio e extinguido o de Arteixo tras queimar nove hectáreas

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/07/2020 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

Un incendio no municipio ourensán de Vilar de Barrio qdeclarouse ás 16,08 horas deste martes.

Lume
Lume | Fonte: © Miguel Núñez.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o lume está "estabilizado" --aínda sen controlar-- desde as 16,59 horas. Traballan nas tarefas de extinción catro avións, un helicóptero, catro motobombas, sete brigadas e catro axentes.

Por outra banda, quedou extinguido ás 13,09 horas deste martes o lume de Arteixo, na parroquia de Suevos, tras arrasar nove hectáreas --oito de monte raso e unha arborada--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta