A Mesa denuncia ante a ONU os "ataques" da Xustiza española ás linguas propias

A plataforma criticou as sentenzas polo Tribunal Supremo contra as axudas vinculadas tamén ao uso de euskera e do catalán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2020 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística e outras entidades de linguas minoritarias de España denunciaron ante o Consello de Dereitos Humanos da Organización de Nacións Unidas (ONU) os "ataques" da Xustiza do país contra os idiomas propios.

Nun comunicado, a asociación galega sinalou que esta situación se trasladou a través da rede europea para a igualdade das linguas (ELEN) e criticou as sentenzas ditadas polo Tribunal Supremo (TS) "contra axudas vinculadas ao uso do euskera" e "a comunicación en catalán" entre Cataluña, as Illas Baleares e a Comunidade Valenciana.

Ademais, lembrou que a ordenanza do uso do galego aprobada por unanimidade no Concello de Lugo foi "anulada parcialmente" pola Xustiza con posterioridade.

Nesta liña, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, lamentou que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificada polo TS leve a "lexitimidade" da "discriminación de usuarios de servizos públicos privatizados por razón de lingua".

Deste xeito, reprobou que prime "o suposto dereito de descoñecemento do galego por parte de empresas" prestadoras de servizos á administración municipal fronte ao "dereito a empregalo e a ser atendido en igualdade de condicións" dos cidadáns.

Marcos Maceira afirmou que esta resolución contraven o parágrafo 3 da Carta europea das linguas rexionais e minorizadas, ratificada polo Goberno Central en 2001. Así, apuntou que este documento sinala o compromiso da Administración e as "entidades que actuén no seu nome" para "garantir que as linguas rexionais ou minorizadas empréguense na prestación dun servizo".

A Mesa participa no 29º exame periódico universal do Consello de Dereitos Humanos da ONU en Xenebra nunha imaxe de arquivo de 2015. A MESA
A Mesa participa no 29º exame periódico universal do Consello de Dereitos Humanos da ONU en Xenebra nunha imaxe de arquivo de 2015. A MESA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta