A multinacional enerxética Naturgy incorpórase como patrocinador do Xacobeo 21

A empresa pasará a ser patrocinador oficial cun investimento de 300.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o delegado de Naturgy en Galicia, Julio Gonzalo, asinaron este xoves un acordo de patrocinio para o Xacobeo 2021, polo que a compañía apoiará, difundirá e promocionará este evento cun investimento de 300.000 euros.

En virtude deste acordo, Naturgy colaborará na realización e difusión de actividades da programación do Xacobeo 2021, tanto do ámbito deportivo como de dinamización cultural. Pola súa banda, a Xunta incluirá á empresa como patrocinador oficial da celebración.

Tras a firma, o conselleiro agradeceu a implicación de Naturgy co Xacobeo, á vez que confiou en que este convenio abra a porta a máis colaboracións futuras.

Pola súa banda, Julio Gonzalo puxo de relevancia a implicación de Naturgy co mundo da cultura e co Camiño de Santiago, tanto a través do Xacobeo, como garantindo as subministracións aos diferentes municipios e establecementos da ruta.

Do mesmo xeito, destacou a "aposta estratéxica por Galicia", cun investimento de máis de 400 millóns o ano pasado, que incidiron na mellora do medio rural e a aposta por unha enerxía verde.

COLABORACIÓN PÚBLICO PRIVADA

Román Rodríguez subliñou a importancia de seguir traballando para reforzar a colaboración público privada no marco do Xacobeo 21, co obxectivo de que este evento sexa "un motor de recuperación económica e emocional tanto de Galicia como do resto de España", tendo en conta a situación post COVID-19.

O acordo con Naturgy súmase aos realizados nos últimos meses neste mesmo sentido. Polo de agora, a Xunta formalizou o patrocinio do Xacobeo 21 con 13 empresas de ámbito galego e nacional, que suman un investimento de máis de 15 millóns de euros.

Na liña de mellorar os apoios durante a crise do coronavirus e fomentar o Xacobeo como motor de recuperación, a Xunta conseguiu do Goberno central a ampliación das desgravacións fiscais ligadas ao Ano Santo ata 2022 e a extensión da súa declaración como evento de excepcional interese público.

Fotos Xunta Cultura. Xunta de Galicia
Fotos Xunta Cultura. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta