O presidente galego admite que as manifestacións de Alcoa puideron difundir o virus

"Os movementos masivos claro que teñen un risco", dixo aludindo tamén a gran mobilidade dos traballadores entre toda a comarca.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/07/2020 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu o que xa é un segredo a voces en toda a comarca da Mariña, a posibilidade de que as masivas manifestacións das últimas semanas na Mariña puideran contribuír a espallar o virus no gran foco da Mariña.

Masiva manifestación na Mariña en contra dos despidos de Alcoa
Masiva manifestación na Mariña en contra dos despidos de Alcoa | Fonte: XdM

Todos os movementos masivos claro que teñen un risco e hai ter en conta que esa é unha zona na que se moven máis de 70.000 persoas. Teñen o hospital da Mariña e Alcoa é un ente excepcional desde o punto de vista da plantilla. Hai moita xente que traballa en Alcoa que vive en Burela, en Foz, en Cervo, en Viveiro. É unha das grandes zonas intracomunicada en Galicia e é moi grande“, dixo.

Sobre o foco da Mariña dixo que xa están remitindo os casos e confirmou que que foi un brote autóctono e que comezou en Burela. “Por iso pechamos toda a Mariña para asegurarnos de que non circulara máis e localizar os núcleos máis sensibles. Unha vez localizados pois fomos abrindo os que eran menos vulnerables”, dixo.

Por iso, manifestou que o que lle preocupa é que a xente “sexa consciente” de que o virus “está aí e hai autonomías que están moi mal” e que tamén Galicia “o pode pasar mal no futuro”. “E se somos precavidos pois sortearemolo millor“, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Inespal

Es un mentireiro. Os primeiros os que culpar, os rapaces, despóis dous ou tres bares de Burela. Agora son as manifas do aluminio. Minte na cifra de positivos. Máis non ten collóns en dicir a verdadeira causa do brote de Burela. Vergoña de presidente.

1 Ana

Si, claro, todo o que molesta ao poder fomenta o "virus". Iso si, votar (para lexitimar o rexime partidocratico) ou pagar impostos non contaxia. ¿Donde estan as autopsias?. ¿Cantos dos falecidos estaban vacunados da gripe ou tiñan outras patoloxias?. ¿Que fiabilidade teñen os test?. Bozal, 5G, confinamento e vacunas obrigatorias NON. Galegos despertade!.