Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2020 | Actualizada ás 19:54
Meteogalicia mantén activos para este luns avisos amarelos por altas temperaturas na comarca ourensá de Valdeorras, así como nas zonas do río Miño das provincias de Ourense e Pontevedra.
Segundo información deste servizo dependente da Consellería de Medio Ambiente, as temperaturas máximas nestas áreas do territorio galego poderán superar os 34 e os 36 graos.
En concreto, na área do Miño en Pontevedra, os termómetros alcanzarán valores superiores a 34, mentres en Ourense e na comarca de Valdeorras chegarán a subir dos 36.
Por iso, o aviso amarelo estará activo entre as 15,00 e as 21,00 horas da tarde do luns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.