As mellores notas das probas de acceso á universidade repartidas entre as catro provincias

O 87,96 por cento dos alumnos que se presentaron á selectividade este ano en Galicia aprobaron a proba, segundo informou a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) este xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Dúas mozas e dous mozos de institutos situados en Ordes, Vilalba, Vigo e Ourense obtiveron as mellores notas nas probas de acceso á universidade que tiveron lugar na segunda semana de xullo, segundo informou este luns a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

Este catro alumnos lograron ser as mellores notas de cada unha do catro provincias con cualificacións que roldan o 10. Así, Eva Sanmartín Vázquez do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba (Lugo) e Diego Sánchez Pinzón do CPR Plurilingüe Rosalía de Castro de Vigo lograron un 9,9.

Pola súa banda, Raúl Ríos Pampín do IES Número 1 de Ordes cun 9,95 e Sofía Salgado Pontón do IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense foron os mellores das súas respectivas provincias.

As probas de acceso á universidade, antes coñecidas como 'selectividade', tiveron lugar o 7, 8 e 9 de xullo baixo medidas de seguridade excepcionais para evitar contagios.

Así, o 87,96 por cento dos alumnos que se presentaron á selectividade este ano en Galicia aprobaron a proba, segundo informou a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) este xoves.

Exame de Selectividade- Arquivo
Exame de Selectividade- Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta