Luis Caramés, o economista que "liderou" a transformación de Adolfo Domínguez

A marca renova o seu consello e nomea a Maite Aranzábal vicepresidenta

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/07/2020 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

O consello de administración de Adolfo Domínguez acordou nomear á conselleira independente Maite Aranzábal como nova vicepresidenta e conselleira coordinadora, segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Un cargo que substitúe ao economista Luis Caramés, que foi quen protagonizou a transformación da marca téxtil nos últimos anos.

Desta forma, o máximo órgano de xestión da compañía reduce de oito a sete os seus membros, con Adriana Domínguez como presidenta executiva e Maite Aranzábal, que pertence como independente ao consello de administración do grupo Adolfo Domínguez desde 2017, como vicepresidenta e conselleira coordinadora.

O consello conta cun 57% de composición feminina. Tres dos conselleiros son independentes, tres dominicais e unha conselleira executiva. Pola súa banda, o conselleiro independente José Luís Temes foi nomeado presidente da comisión de Auditoría, na que se incorpora desde este venres Maite Aranzábal, quen preside a comisión de Nomeamentos e Retribucións.

Pola súa banda, a conselleira dominical Valeria Domínguez entra a formar parte da comisión de Nomeamentos e Retribucións.

A renovación prodúcese ao concluír o mandato de catro anos do catedrático de Economía Luís Caramés, quen exerceu neste tempo como vicepresidente e protagonizado "moi activamente" o proceso de transformación e renovación da compañía desde 2016, segundo explica a firma.

"Tras os cambios dos órganos de xestión do grupo desde 2016, a compañía avanza na senda da rendibilidade e encadea dous exercicios consecutivos con resultado operativo positivo e un crecemento das vendas comparables do 30% en catro anos", indica a empersa nunha nota.

Adolfo Domínguez emprega a 1.209 profesionais e conta con 390 puntos de venda en 22 países cunha facturación anual de 115 millóns de euros no seu último exercicio completo (2019-2020).

Adolfo Domínguez. MIGUEL RIOPA / MIGUEL RIOPA / Europa Press
Adolfo Domínguez. MIGUEL RIOPA / MIGUEL RIOPA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta