Un integrante da expedición do Fuenlabrada trasladado ao hospital tras sufrir unha síncope

Unha ambulancia foi trasladada ao hotel onde se aloxan.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/07/2020 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Unha UVI medicalizada tivo que trasladarse este venres pola mañá ao hotel onde permanece confinada o corpo técnico do Fuenlabrada tras recibir un aviso de que un dos integrantes do equipo sufrira unha síncope.

Hospital Quirón da Coruña
Hospital Quirón da Coruña | Fonte: quironsalud.es

Finalmente, o equipo médico desprazado decidiu trasladar a este membro do equipo do Fuenlabrada a un hospital da cidade herculina para a súa recuperación.

Segundo fontes consultadas por GC, o home esvaeceu no momento no que se ían realizar novas PCRs tras confirmarse este xoves que o reconto de contaxios ascenden a 12 positivos por coronavirus.

"Unha vez recibidos os resultados dos PCR realizados pola Xunta de Galicia na mañá do 23 de xullo, desde o CF Fuenlabrada queremos informar de que hai dous positivos máis e que ascenden a un total de 12 na expedición, máis os catro que quedaron en Madrid. Desde o Club desexámoslles a todos unha pronta recuperación aos 16 afectados", anunciou o club a última hora.

Pouco antes, o Sergas informou que os resultados obtidos nas probas realizadas polo laboratorio de microbioloxía da área Sanitaria da Coruña este xoves confirman eses 12 os casos positivos, incluídos o seis previamente diagnosticados como positivos o pasado martes por este mesmo laboratorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta