Estabilizado o maior incendio do ano en Galicia, en Monterrei

Queimou unhas 450 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/07/2020 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O incendio que, segundo as últimas estimacións, queimou 450 hectáreas en Monterrei (Ourense) está estabilizado, do mesmo xeito que outro lume declarado esta tarde no municipio coruñés de Noia, informaron fontes da Consellería do Medio Rural.

Incendio en Monterrei
Incendio en Monterrei | Fonte: Batallón T-15 (@Batallont15).

No caso de Monterrei, deuse por estabilizado ao redor das 16,00 horas deste sábado. Este lume comezou o venres na parroquia de Flariz e a súa proximidade a algunhas vivendas provocou que se activase durante unhas horas na madrugada do sábado unha alerta (situación 2). Con 450 hectáreas afectadas estimadas, é o máis grande no que vai de tempada e ano en Galicia.

Por outra banda, a parroquia de Santa María de Argalo, en Noia, rexistrou este domingo un incendio que comezou ao redor das 16,15 horas e quedou estabilizado ás 17,49. Están afectadas dúas hectáreas e no lugar despregáronse tres avións, tres helicópteros, catro axentes, oito brigadas e catro motobombas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta