Feijóo insiste en non pechar os locais nocturnos

"É máis efectivo prohibir 'botellóns' que pechar locais de lecer nocturno", mantén.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2020 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sostivo que é "máis efectivo" manter a prohibición do que se coñece como 'botellóns' en espazos públicos que pechar locais de lecer nocturno, onde "hai responsables" que poden controlar o uso de máscaras.

Aínda que, e a preguntas dos xornalistas, recoñeceu que hai "riscos" no lecer nocturno, diferenciou entre os botellóns na rúa ou o consumo de bebidas nunha terraza ou instalación, porque nestas últimas si hai medias de "control". Segundo explicou o xefe do Executivo galego en funcións, os profesionais do lecer nocturno pídenlles ser "exemplarizantes" e velar tamén pola súa "supervivencia".

"E no caso de que haxa algún en que non se cumpra o uso da máscara ou non se deixe o teléfono de contacto, aí imos actuar de forma contundente", garantiu Feijóo, en referencia ás medidas establecidas para garantir a seguridade sanitaria. Con todo, nas recentes festas do Apóstolo varios locais da zona vella de Santiago non cumpriron coas medidas de seguridade esixidas e mesmo se teme que na Coruña poida haber un brote tras dar positivo un porteiro de discoteca.

O mandatario autonómico recoñeceu que "o risco sempre existe" e que, se por exemplo, un porteiro dun pub ou discoteca ofrece unha PCR positiva, como profesional tamén se ten que pór en contacto cos servizos médicos e illarse. Feijóo concluíu que o "lecer nocturno regulado está dentro dos parámetros" de control, fronte aos botellóns, que pide "impedir" a Policía Local e cidadáns "por razóns de saúde pública". "E iso é máis efectivo que pechar locais de lecer onde hai responsables", sentenciou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA - Arquivo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta