Galicia concentra a maioría dos focos de influenza aviaria de alta patoxenicidade detectados en aves silvestres en España. O investigador Antonio Figueiras (IIM-CSIC) advirte da súa conexión con brotes en mamíferos e o seu impacto sobre o ecosistema mariño.
  comenta   0
Ana María López Beceiro, profesora da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), asegura que "a gripe aviaria é unha enfermidade vella coñecida que, de cando en vez, volve con forza". E sinala que "o tratamento natural para ela é que os exemplares máis débiles rematen morrendo e o virus quede sen hospedador".
  comenta   0
José Antonio Quiroga, xerente e responsable técnico de Sergal, empresa especializada en control de pragas, alerta dun repunte de chinches un ano máis por estas datas. A diferenza é que nestes momentos vai máis aló do Camiño de Santiago e está chegando aos fogares particulares dos galegos.
  comenta   2
Unha emerxencia sanitaria internacional, oficialmente denominada Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional (ESPII), é unha declaración formal realizada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) ante eventos extraordinarios que representan un risco para a saúde pública máis aló das fronteiras nacionais e que requiren unha resposta internacional coordinada.
  comenta   0
Os 'populares' denuncian falta de permisos sanitarios cando se produciu o brote de legionella e o goberno local négao.
Entre o 2 e o 5 de setembro a cidade de Santiago de Compostela acolle o XVII Congreso Nacional de Viroloxía para abordar os retos aos que se afrontan actualmente os científicos cos virus, entre eles, o cambio climático e a globalización. O GC fala co seu organizador, Jesús López Romalde.
  comenta   0
Sanidad espera casos importados de mpox de clado I, pero insiste en que o risco de transmisión é baixo en España.
  comenta   0
Para debater se se modifica algunha recomendación de vixilancia ou vacinación. O Consello Xeral de Enfermaría recomenda illarse en caso de ser positivo.
  comenta   0
O Comité de Seguridade Sanitaria da Unión Europea reunirase este próximo luns para analizar a expansión desta enfermidade, e un día despois, o martes, o Ministerio de Sanidade convocou ás comunidades autónomas.
  comenta   0
O Goberno programa reunións con organismos europeos e CCAA para facer seguimento dos casos de vexigas do mono.
  comenta   0
Neste sentido, o CGE lembrou que, segundo os datos do Ministerio de Sanidade, das máis de 40.000 persoas vacinadas fronte ao mpox, só a metade completou a pauta. "Debemos aprender dos erros do pasado e actuar con prema".
  comenta   0
O Ministerio de Sanidade informou de que o vindeiro luns 19 de agosto terá lugar unha reunión dun grupo técnico para pór en común e discutir as actuacións que se deriven da emerxencia sanitaria internacional polo brote de mpox (anteriormente coñecido como vexigas do mono) en África.
  comenta   0
Segundo explicou o primeiro tenente de alcalde, Xosé Antonio Arribe (BNG), o Concello espera que o estudo da auga estea feito en "dous ou tres días" para coñecer a orixe do brote.
  comenta   0
Todos os casos rexistrados son leves, con cadros autolimitados e sen ingresos en planta de hospitalización.
Foi o cadro clínico máis frecuente e grave en en poboación infantil de España a finais de 2022. Case a metade da poboación infantil afectada requeriu ingreso en unidades de coidados intensivos (UCIP).
  comenta   0
O seu nome provén da forma da súa flor, con tres pétalos brancos rematados en punta, que recordan ás orellas dos gatos. Como conta a Galicia Confidencial o investigador Jonatan Rodríguez nunha nova entrega da serie de especies invasoras, é todo un enigma, pois "nun principio as flores que aparecen en Galicia poderían ter a posibilidade de ser polinizadas e producir froitos, pero nunca se viu ningún froito con sementes, todas abortan".
  comenta   0
O acusado, de 51 anos e drogodependente, padece un trastorno esquizoafectivo e, no momento dos feitos, sufría un brote psicótico que "lle impedía comprender e interpretar adecuadamente a súa contorna e obrar libremente segundo a súa comprensión".
  comenta   0
Coa intención de acabar coa vida da muller, de forma "sorpresiva", atacouna por detrás cun coitelo de mango negro de 15 centímetros. Propinoulle varias coiteladas no tórax e o pescozo.
  comenta   0
A cantante axudou a darlle visibilidade, pero a día de hoxe segue facendo moita falta investigación e recursos para unha enfermidade que afecta a 5.800 persoas en Galicia
  comenta   0
Ascenden a 10 as persoas afectadas, das que sete permanecen ingresadas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
  comenta   0
Chama á calma porque a infección, que afectou a nove persoas, e lembra que non se transmite entre persoas
A Policía Local de Vigo informou sobre un dispositivo de apoio prestado aos servizos sanitarios para o traslado dun neno menor de idade e que se atopaba en estado moi agresivo ao hospital Álvaro Cunqueiro.
A Comisión de Saúde Pública, na que se atopan representadas todas as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, actualizou os criterios da próxima campaña de vacinación fronte a gripe e a Covid-19, e estableceu que dea comezo nas distintas CCAA a partir da última semana de setembro e durante o mes de outubro.
  comenta   0