Técnicos de incendios forestais irán á folga en plena época de lumes para denunciar a súa situación laboral

Os traballadores da consellería de Medio Rural teñen en punto morto as negociacións coa Xunta para un novo acordo que regule as condicións de traballo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Os técnicos de incendios forestais da consellería do Medio Rural irán á folga en agosto. Denuncian a situación das súas condicións laborais e que a consellería non remitiu ningunha proposta escrita de novo acordo nin vai convocar unha mesa de negociación. Segundo a CIG, "A Xunta de Galicia é a culpable do inicio da folga en pleno mes de agosto".

Incendio en Cerdedo-Cotobade
Incendio en Cerdedo-Cotobade | Fonte: ATBRIF.

Os traballadores loitan por un acordo de condicións laborais novo, xa que "o acordo de condicións de traballo do ano 2008 está desfasado polos cambios na consellería, a distribución de persoal e as condicións de xestión do monte e as bioclimácticas actuais".

"Non temos asegurada a capacidade de resposta do sistema e do cadro de persoal ante unha situación tan difícil como son os incendios forestais, o que deixa desprotexido ao servizo público", conclúen dende CIG.

Por iso, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, ante o punto morto das negociacións dun novo acordo que regule as condicións de traballo do persoal técnico de incendios forestais, convocan mobilizacións o xoves 30 de xullo, previa á folga de agosto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta