O BNG pide unha posición común galega na repartición de fondos europeos

Advirte de que Galicia "sae perdendo sempre co centralismo" e sinala que Europa está a pedir "axilidade" na xestión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

O BNG insistiu este luns en que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, debe reunir ás formacións políticas para deseñar unha estratexia conxunta e de país, cunha posición "forte", para a reconstrución social e sanitaria tras a primeira onda de coronavirus, despois da reunión da Conferencia de Presidentes do pasado venres na que se tratou o fondo europeo que recibirá España --de 140.000 euros--.

Sobre esta cuestión en concreto, e tendo en conta que o Goberno falou de repartición de fondos por proxectos, o BNG alerta dun "centralismo" no uso destas partidas e pediu ao Executivo autonómico sentar coas demais forzas políticas para reclamar a contía necesaria para Galicia.

En rolda de prensa na que compareceron conxuntamente a deputada electa Olalla Rodil e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, os nacionalistas galegos reclamaron criterios de repartición acordes coa situación dos territorios e tamén advertiron da necesidade de que Europa manteña os "fondos tradicionais", como os da política agraria.

Na súa intervención, Miranda, que avisou do recorte de entre un 7 e 10 por cento dos fondos tradicionais, reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que "non poden perderse" estes fondos, e reclamoulle que "non perda ter axilidade na xestión de proxectos".

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a viceportavoz do BNG na pasada lexislatura, Olalla Rodil ,en rolda de prensa este luns en Santiago para abordar os fondos de reconstrución europea
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a viceportavoz do BNG na pasada lexislatura, Olalla Rodil ,en rolda de prensa este luns en Santiago para abordar os fondos de reconstrución europea | Fonte: Europa Press

"Xogámonos moito como país", corroborou, pola súa banda, Olalla Rodil, quen se preguntou "onde está o presidente da Xunta nun momento tan decisivo". Así, lamentou que Feijóo "vai de brazos cruzados, a felicitarse porque se constituíu unha comisión de seguimento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta