Afíns ao BNG fanse co control de Ulloa Viva, a gran plataforma contraria a Altri

Foi tras unha votación acontecida esta fin de semana na que había dúas listas enfrontadas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/07/2025 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Unha candidatura "próxima ao nacionalismo institucional", segundo publica o xornal El Salto, en clara alusión ao BNG, fíxose co control da Plataforma Ulloa Viva, unha das organizacións sobre as que pivotaron as principais marchas, protestas e accións en contra da instalación da megapasteira Altri en Palas de Reis.

Manifestantes da plataforma Ulloa Viva durante o descenso en balsas o río Ulla pola protesta contra a fábrica de celulosa Altri
Manifestantes da plataforma Ulloa Viva durante o descenso en balsas o río Ulla pola protesta contra a fábrica de celulosa Altri | Fonte: Elena Fernández - Europa Press

Os máis de 1.500 socios e socias da Plataforma Ulloa Viva decidiron romper coa candidatura que lideraba a plataforma ata agora e decantarse por outra liderada por Juan Pedro Sánchez Morcillo, Ana Otero Gómez e Serxio Núñez Martínez, vinculado á CIG.  A súa vitoria sitúa ao colectivo nun novo momento estratéxico, máis aberto a incorporar a grandes organizacións sociais e sindicais galegas e tamén a ampliar a base de socias e socios por todo o país e non centrada nas zonas afectadas. Precisamente, 

As dúas listas que se presentaban tiñan xeitos de proceder diferentes e, nalgúns puntos, mesmo enfrontados. Así, a candidatura derrotada, que era continuista coa anterior, apostba polo asemblearismo e a sociocracia como base, fiadas con posicións ecofeministas e horizontes alternativos enmarcados na economía social e solidaria, segundo apunta El Salto. A outra, a gañadora, é menos reticente a achegarse ás organizacións sociais vinculadas ao BNG, nomeadamente a CIG, e que está organizada a través da democracia representativa. Con todo, ambas as dúas candidaturas están de acordo no esencial e aspiran a traballar xuntas.

Entre os principais obxectivos está a orientación da estratexia xudicial que se levará a cabo desde a plataforma contra a megapasteira, entre elas, recursos contra a captación de augas, a Autorización Ambiental Integrada (AAI) e a declaración como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta