O 80% dos voluntarios de COGAMI conta con certificado de discapacidade

A asociación conta cunha bolsa para voluntarios, onde o perfil principal é de muller con idades entre 20 e 40 anos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

COGAMI pon o foco en que son moitas as persoas con discapacidade que realizan voluntariado, como reflicte a súa bolsa: o 80% das persoas que ten inscritas conta con certificado de discapacidade.

Asd. COGAMI
Asd. COGAMI

A asociación conta cunha bolsa que contempla actualmente as 1.104 persoas inscritas como voluntarias, sendo mulleres o 65% e con idades entre os 20 e 40 anos, dende COGAMI foméntase a participación en igualdade de condicións de todas as persoas para que exerzan os seus dereitos como cidadanía de pleno dereito.

 

“As persoas con discapacidade non só podemos ser receptoras de accións voluntarias, nós tamén realizamos voluntariado en entidades e non só específicas de discapacidade, senón tamén noutras organizacións como poden ser educativas, medioambientais ou deportivas”, indica o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

 

Acompañamentos dentro e fóra do domicilio, participación en actividades de lecer, apoio en actividades de rehabilitación ou educativas, reforzo de habilidades sociais, charlas de sensibilización ou participación en campañas de concienciación dirixidas á xente nova sobre prevención de lesións medulares son algúns dos programas de voluntariado levados a cabo por COGAMI durante o ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta