O BNG pide a retirada do nome Juan Carlos I a unha avenida de Compostela

Despois do comunicado da súa marcha de España por mor da investigación pola Fiscalía, o BNG considera que o seu nome prexudica a imaxe da cidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O grupo municipal do BNG en Santiago, tras o anuncio do Rei Emérito Juan Carlos I de trasladarse fóra de España por mor da investigación aberta pola Fiscalía por presunta corrupción, volverá reclamar no Pleno de setembro o cambio de nome da avenida que leva o seu nome en Santiago de Compostela, posto que ensucia o rueiro compostelán e prexudica a imaxe da cidade.

Mensaxe do Rei Juan Carlos I
Mensaxe do Rei Juan Carlos I

O grupo político do BNG na capital galega considera urxente que todos os grupos políticos tomen a decisión de retirar o nome da avenida Juan Carlos I, que o BNG xa propuxo no Pleno de xuño mais que foi rexeitada cos votos de PP e PSOE.

"A fuxida do Rei Emérito, como unha negociación pactada, que se enmarca no contexto de corrupción que significa esta monarquía, "esultada escandalosa", segundo o BNG.

O Bloque Nacionalista Galego, xunto con outros grupos políticos, solicitou en cinco ocasións constituír unha Comisión de Investigación que foi sistematicamente rexeitada pola Mesa do Congreso pese aos indicios da Fiscalía sobre o cobro de comisións ilegais que se suman a outros supostos delitos producidos con anterioridade mentres era Xefe do Estado e tiña inviolabilidade por mor dese cargo.

O partido político convoca unha cazolada este martes, 4 de agosto, ás 21:00 nas xanelas das casas contra a esta fuxida da monarquía e para reclamar que dea contas ante a Xustiza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Unmesmo

E en Pontevedra?

1 Tartufo

Tamén