Morre un operario ao inhalar un produto destinado a anestesiar animais

O suceso tivo lugar en Lalín mentres arranxaba un ascensor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Un operario duns 30 anos de idade faleceu na tarde deste mércores cando arranxaba un ascensor nunha nave dunha empresa frigorífica situada no polígono de Botos, en Lalín.

Segundo informaron fontes do operativo de emerxencias a Europa Press, o home, traballador dunha empresa externa, faleceu asfixiado ao descender o elevador a un compartimiento no que se almacenaba un produto para anestesiar animais mentres realizaba a reparación do ascensor.

O suceso tivo lugar ás 17,45 horas deste mércores e ao momento desprazouse o helicóptero medicalizado aínda que non puido facer nada por salvar a vida do home. Ademais, tamén acudiu ao momento os efectivos do GES de Lalín, os axentes da Policía Local, así como a Garda Civil.

Ascensor avariado
Ascensor avariado | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta