Activos un terceiro incendio en Muíños e outro na Coruña

O da localidade ourensá afecta xa a unhas 20 hectáreas, mentres que na coruñesa vai calcinaca unha hectárea.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/08/2020 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

Un novo incendio forestal foi rexistrado no municipio ourensán de Muiños (no Xurés) e outro na zona de San Pedro de Visma, na Coruña.

Segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural, o incendio de Muiños foi rexistrado ás 13,20 horas e afecta xa a unhas 20 hectáreas.

Bombeiro da Brif Laza salvou un coello na extinción do incendio forestal no Xurés
Bombeiro da Brif Laza salvou un coello na extinción do incendio forestal no Xurés | Fonte: ATBRIF.

Unha motomba resultou calcinada neste incendio, na parroquia de Requiás.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural, o vehículo que ardeu é unha motobomba municipal de Calvos de Randín. Non se produciron feridos.

Precisamente, na madrugada do venres foron extinguidos outros dous incendios nesta parroquia, que afectaron a algo máis dunha hectárea de monte raso.

Por outra banda, tamén este venres foi detectado outro incendio na zona de San Pedro de Visma, na cidade da Coruña, que calcinou polo momento menos dunha hectárea tras iniciarse ás 14,55 horas.

Tamén no parque natural do Xurés hai un incendio no municipio de Lobeira, que está estabilizado --aínda que non controlado-- desde as 12,05 horas, tras queimar unhas 20 hectáreas.

O alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias, asegura que este lume na parroquia da Fraga evoluciona "ben".

O rexedor explica que "ardeu cara ao monte", polo que as casas da zona non se viron ameazadas, ademais de que había unha devasa rozada que axudou e levou o lume cara á serra de Leboreiro.

De feito, asegura que o ruído provocado polo lume nunha liña de alta tensión "alertou a algún veciño" que deu o aviso de madrugada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta