UGT denuncia que a pandemia da COVID-19 deixa "aínda máis tocado" o marcado laboral xuvenil galego

O sindicato sinala que o conxunto do mercado laboral, "xa con grandes carencias antes", está a verse afectado "moi negativamente" .

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/08/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

Con motivo da celebración do Día Internacional da Mocidade, que se celebra o 12 de agosto, o sindicato UGT denunciou que a pandemia da COVID-19 deixa "aínda máis tocado" o marcado laboral xuvenil galego.

Un camareiro atende unha mesa na desescalada da Covid- 19
Un camareiro atende unha mesa na desescalada da Covid- 19 | Fonte: © Miguel Núñez

O sindicato sinala que o conxunto do mercado laboral, "xa con grandes carencias antes", está a verse afectado "moi negativamente" debido ás consecuencias da pandemia pero subliña que no caso dos mozos a afectación está a ser "aínda maior".

Así, UXT advirte do "alto crecemento" do desemprego neste colectivo, da perda de poboación activa --27.100 mozos menos-- e do incremento da inactividade en 24.300 persoas.

Ante estes datos, UXT insta as administracións, tanto ao Goberno central como á Xunta, a que poñan enriba da mesa as medidas necesarias para pór a andar un mercado laboral en Galicia que ofreza ás persoas máis novas oportunidades de emprego digno, estable e de calidade, que lles permita afrontar un proxecto de vida independente.

"Xa non hai lugar a máis dilacións. É certo que o marcado laboral, pero aínda a máis o da mocidade, xa mostrada moitas carencias en Galicia antes da pandemia pero coa crise sanitaria estas agudizáronse e deixan os mozos galegos nunha situación complexa que urxe resolver", indicou o sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta