En estado grave a muller agredida pola súa parella con arma branca en Coristanco

Está ingresada por ferida de arma branca no tórax con afectación cardíaca.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 14/08/2020 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A muller agredida pola súa parella este xoves en Coristanco atópase ingresada na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) en estado grave, segundo informaron fontes hospitalarias.

Complexo Universitario da Coruña - CHUAC
Complexo Universitario da Coruña - CHUAC | Fonte: Sergas

En concreto, a vítima está ingresada por ferida de arma branca no tórax con afectación cardíaca, precisaron as mesmas fontes sobre o seu estado e á espera do parte médico de evolución.

A detención do home por parte da Garda Civil produciuse na tarde deste xoves, segundo informaron fontes próximas á investigación.

En concreto, o 112 Galicia recibiu sobre as 16,45 horas unha chamada de alerta en relación a unha agresión que se produciu na localidade coruñesa de Coristanco.

Ata a zona desprazáronse efectivos das forzas da orde e o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou á muller ferida ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Segundo precisaron fontes próximas á investigación, non constan que existisen denuncias previas por violencia machista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta