A cadea de alimentación Gadis instala un sistema de control de aforo cunha pantalla con semáforo

O sistema está instalado "de momento" en 110 supermercados da cadea, o que lle permite xestionar e controlar automaticamente a ocupación de establecementos en tempo real.

Por E.P. | | 14/08/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Deseñada para contar de forma precisa todas as entradas e saídas de persoas respectando a súa privacidade, este sistema informa aos empregados continuamente do aforo. Así, reciben unha alerta cando está a piques de alcanzar o máximo para que se poidan tomar medidas "con inmediatez".

Supermercado Gadis
Supermercado Gadis | Fonte: Gadis

A compañía destaca que, ademais, pola súa banda, os clientes dispoñen dunha pantalla informativa nas entradas dos puntos de venda. Un semáforo indica en verde se poden acceder e en vermello se han de esperar.

A compañía reivindica tamén ser "a primeira cadea de supermercados en incorporar termómetros infravermellos para medir a temperatura a distancia dos seus empregados tanto en establecementos como nos seus almacéns e oficinas de Galicia e Castela e León".

Ademais do material de protección persoal facilitado a clientes e traballadores desde o inicio da actual situación, instalou pantallas protectoras de  metacrilato nas caixas de cobranza, sinalizou todas as súas tendas co fin de que se respecten as distancias de seguridade,
así como reforzado os labores de limpeza e  hixienización, especialmente nas zonas de maior contacto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta