Máis de 13.000 avisos para retirar niños de velutina no que vai de ano

O operativo de Seaga está a xestionar unha media de 63 incidencias por xornada, que ascendeu a unha media de 217 esta semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2020 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O Goberno galego xa atendeu máis de 13.200 avisos para a retirada de niños de velutina, tras a posta en marcha do Plan de Loita contra esta especie entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

O operativo de Seaga está a xestionar unha media de 63 incidencias por xornada, que ascendeu a unha media de 217 esta semana. A maioría, oito de cada dez, contabilizáronse entre as provincias da Coruña e Pontevedra, con preto de 6.00 e 4.600 avisos, respectivamente.

Ourense, pola súa banda, contou cuns 1.150, mentres que Lugo os 1.408 restantes, segundo engade a Xunta nun comunicado.


Vespa velutina avespa asiática. EUROPA PRESS - Arquivo
Vespa velutina avespa asiática. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta