Dous novos positivos en Melide elevan a once os afectados nun dos brotes deste concello

Ademais, neste municipio coruñés permanece estable outro brote familiar composto por tres positivos, pai, nai e fillo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A confirmación de dous novos casos positivos da COVID-19 vinculados a un brote orixinado nun grupo de catro amigos menores de 30 anos en Melide eleva a 11 os casos detectados neste municipio.

En concreto, segundo informaron fontes sanitarias, estes dous novos positivos están relacionados co brote do grupo de amigos. Precisamente, tras estes casos, a área Sanitaria de Santiago e Barbanza realizará un screening masivo a mil mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade.

Ademais, neste municipio coruñés permanece estable outro brote familiar composto por tres positivos --pai, nai e fillo--.

Tests PCR
Tests PCR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta