Confinan un buque na Coruña tras a alerta dun positivo

As medidas a tomar dependen da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/08/2020 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Un buque permanece confinado no porto da Coruña tras o aviso dun positivo por COVID nun tripulante, segundo confirmaron distintas fontes consultadas por Europa Press.

En concreto, Sanidade Exterior deu a orde de que o barco permanecese atracado no porto. A medida adoptouse, segundo as mesmas fontes, tras recibir o aviso dun positivo por COVID nun dos tripulantes.

Fontes da Delegación do Goberno consultadas confirmaron que por parte de Sanidade Exterior activouse esta medida, aínda que precisaron que agora as actuacións a seguir dependen da Consellería de Sanidade.

Cruceiros no Porto da Coruña
Cruceiros no Porto da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta