Acusacións de "corrupción" e "caciquismo" a Baltar logo da fichaxe dun alcalde ex militante do BNG

Xa son tres alcaldías as sumadas polo PP Ourensán no mes de agosto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Sucédense as mostras de rexeitamento ó PP ourensán e o seu líder José Manuel Baltar logo de que a formación anunciara a fichaxe do alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, que simpatizou na súa mocidade coa organización independentista AMI, e logo militou no BNG, no MGS e, finalmente, en Anova, antes de fichar polo PPdeG.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE

"Xosé Miguel encarna perfectamente as características que definen ao Partido de Ourense: centrismo, galeguismo, reformismo e municipalismo”, destacaba Baltar no anuncio da nova fichaxe. O alcalde, un ex do BNG próximo ó independentismo, apuntaba a causas máis mundanas: "O diñeiro vai ser limitado e hai que buscar axuda das administracións para apoiar os proxectos que queremos ter non concello".

Nunha dimensión semellante se expresaron os usuarios de twitter que en horas seguintes acusaron ó rexedor popular de estar a desenvolver prácticas asentadas no "caciquismo" e a "corrupción".

Tamén houbo quen tirou de humor para enfrontar unha situación que non é nova.

3 NOVAS ALCALDÍAS QUE PODERÍAN SER 4

A incorporación do rexedor de San Xoán de Río eleva as alcaldías do PP na provivincia ata 60, cando a comezos do verán eran apenas 57. Ao longo deste mes de agosto o grupo provincial do PP conseguiu sumar 3 novos consistorios, entre os que se atopan o de Castrelo de Miño e o de Laza. A día de hoxe o PP segue á espera da moción de censura de Viana, que lle podería outorgar a súa alcaldía número 61.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta