LetsBonus e La Caixa alíanse para ofrecer descontos en compras colectivas en Galicia

Rebaixas de até o 70 por cento nas sete cidades galegas a través do programa multiEstrella.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/03/2013 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

En Galicia, os clientes poderán gozar destas ofertas e descontos na Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ferrol.

LetsBonus é a web pioneira de compra colectiva en Europa e líder en España neste sector. Ofrece unha selección de plans de ocio, viaxes e produtos exclusivos con descontos de ata o 70%. En España está presente nunhas 90 localidades e tamén opera en Italia, Portugal, Arxentina, e Chile. En xaneiro de 2012, LetsBonus pasou a formar parte de Living Social, con 4.500 empregados e 70 millóns de subscritores.

Segundo datos de La Caixa, p programa multiEstrella, que conta con 1,9 millóns de clientes, premia a vinculación do cliente que ten domiciliada a nómina ou a Seguridade Social de autónomos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Zócalo

É unha nova patrocinada?