Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2025 | Actualizada ás 15:23
500 millóns de bonos sostibles da débeda galega vendidos en menos dunha xornada. Esa é a nova operación da Xunta para tentar colocar títulos públicos galegos no mercado. Unha operación da que presumiu o presidente da Xunta, que salientou que o proceso pechouse "cun elevadisimo nivel de aceptación". E o 85% dos compradores foron do estranxeiro principalmente, investidores de Alemaña e Portugal.
"Vendemos bonos sostibles por 500 millóns para financiar a débeda viva da Xunta. Temos que dicir que hoxe pechouse o proxecto con elevadisimo nivel de aceptación e poderiase ter colocado ao triple do ofertado pola Xunta", indicou Rueda que destacou a rapidez do proceso. "Houbo demanda no título ofertado e isto redunda no 2,1% de intereses para o Goberno galego que é o máis baixo das emisións de débedas do conxunto das autonomías", suliñou.
Actualmente, e antes desta nova venda de títulos públicos, a débeda de Galicia situabase nun total 11.936 millóns de euros a peche de 2024, 234 millóns menos que un ano antes, o que representa o 14,5% do Produto Interior Bruto (PIB).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.