As dificultades de vivir co covid nunha praia: "ter que andar coa máscara é abafante"

A irrupción da pandemia da COVID-19 fixo que a vida de todos cambiara por completo, tamén nas praias. Xa non hai pachangas con xente descoñecida e a xente tamén evita os paseos pola molestia de ter que poñer a máscara.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2020 | Actualizada ás 23:22

Comparte esta noticia

Despois dunha corentena que deixou marcada a todos os galegos, chegou o verán. A poboación saíu das súas casas progresivamente, ata chegar a “nova normalidade”, algo que soaba moi raro e que non viviramos nunca. O verán pódese asociar a estación da liberdade, a gozar, quen poida, dunhas vacacións e de días de praia. Mais, este ano o medo corría e corre por todos nós, ao afrontar unha vida diferente

Visitantes na praia na Mariña (Lugo
Visitantes na praia na Mariña (Lugo | Fonte: Galicia) a 27 de xullo de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

A volta ás praias é algo que tiña que analizarse e dotarse de medidas de seguridade por mor da irrupción dunha pandemia. Administracións planificaron diferentes formas de manter estas medidas e de manter a distancia, como os concellos de Vigo e de Sanxenxo. Mais, realmente mantéñense estas medidas de seguridade nos areais?

Galicia é a comunidade autónoma con máis quilómetros de costa de todo o territorio español. En moitas praias é fácil manter a distancia de seguridade, tendo areais quilométricos e tamén caliñas onde incluso podemos agocharnos. Non obstante, hai praias moi concorridas aos que acoden moreas de persoas e gardar a distancia de seguridade non é tan doado como parece.

Xullo foi un mes moi quente, que fixo que houbera moitos días de sol e, polo tanto, que unha maior cantidade de xente visitara os areais galegos. Con estas condicións, incluso os areais máis extensos estaban cheos. 

COMO É IR A PRAIA VIVINDO UNHA PANDEMIA

 

A medida que transcorría o verán fomos sabendo como tiñamos que comportarnos nas praias e que medidas tiñamos que cumprir. Na toalla e no momento do baño podemos estar sen máscara, respectando sempre a distancia de seguridade. Incluíndo a nova medida de non poder fumar a menos de dous metros de distancia. Os paseos pola praia teñen que ser con máscara.

 

Cando chegamos ao areal decatámonos que non todo o mundo respecta estas normas. Podemos observar distinguidamente a quen leva máscara paseando a beira do mar e de quen non, quenes manteñen a distancia de seguridade e quen non. Mais, realmente, non podemos facer nada nestes casos, mais que cumprir as normas nós mesmos

 

"O outro día estaba paseando cerca do Cabo Home, en Cangas, ía sen máscara facendo unha ruta, xa que non había ninguén preto de min. Encontreime con dous gardas forestais e dixéronme que tiña que poñer a máscara, aínda que estivera nun espazo aberto e cumprindo a distancia de seguridade", comparte unha visitante na ría de Vigo. "É estraño, eu sabía que a tiña que ter posta, pero é algo raro que non poidas andar soa sen ter a máscara posta. É obrigatoria e debemos estar acompañados sempre dela", conclúe. 

 

"Sempre me gustou moito dar paseos pola praia, veráns pasados percorríame esta praia (referíndose a Praia da Aguieira, no Concello de Porto do Son) dunha punta á outra, mais agora é algo abafante coa máscara posta e se dou paseos pola praia é cando vai menos calor ou está o ceo nubrado. É unha mágoa, pero non podemos facer nada", conta un bañista desta praia. 

 

"Nótase moito que a xente é moito máis individual que antes", comparte un visitante no areal da Aguieira. "Agora, por exemplo, o de xogar 'pachangas' na praia con persoas descoñecidas é algo impensable, cando antes era algo normal e cotiá, algo de cada día. A xente non sae do seu círculo, algo que é bo para que non haxa máis contaxios, pero algo tamén triste, xa que cada vez somos menos abertos ás persoas que están fóra do noso círculo", conclúe o bañista. 

 

UN DOS ESPAZOS MÁIS SEGUROS

 

Os areais, en realidade, son un dos espazos máis seguros contra a expansión da COVID-19. Isto ocorre porque o aire, co vento, cambia constantemente, polo tanto non quedan as partículas co virus no mesmo lugar. Ademais, o auga dos mares e dos océanos, ao tamén estar en constante movemento e ser salgada, fai que o virus non se propague por esta. 

 

Polo tanto, ir a praia en plena pandemia mundial é algo do que podemos gozar, pero con diferentes limitacións, como é a vida hoxe en día. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Celt

É moito máis abafante o local da UCI ou as 6 paredes do cadaleito. Despois pregúntase a xente por que ejpaña é líder en covid. Dous factores: 1:facemos o que queremos a menos que nos obriguen ; ou pola forza ou a responsabilidade brilla pola súa ausencia (resultado de moitos anos de ditadura). 2: En Irlanda os pubs ían abrir o 10 de agosto (xa o retrasaran) e agora abren en setembro (se as cousas van ben. É probable que se retrase de novo). É incompatible abrir o ocio nocturno e pedir imposibles. Unha contradición. Así o entenderon os irlandeses. Poño este exemplo porque o coñezo ben. Aquí festa rachada... Hai máis factores pero estes 2 son decisivos.