Temas: MúSICA

Volve a música ao Liceo Mutante de Pontevedra

Tras a polémica suspensión das actuacións por problemas co Concello, os vigueses Cró! reinaguran a actividade de concertos no Liceo Mutante este sábado.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 22/03/2013 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

E ao cuarto mes resucitou... Si amiguiños, o próximo sábado, os vigueses Cró! saldarán a débeda que tiñan pendente coa cidade de Pontevedra e cunha das súas principais atraccións: o Liceo Mutante.

Concerto de música de API UIZ no Liceo Mutante de Pontevedra
Concerto de música de API UIZ no Liceo Mutante de Pontevedra | Fonte: David Tombilla Flickr

O principal refuxio das artes e músicas máis arriscadas, experimentais, e de carácter vangardista acollerá unha das bandas con maior proxección da escena galega que coa súa proposta a medio camiño entre o rock progresivo e o post-core estarán a presentar o seu disco "Onkalo" (Metabatifondo, 2012).

A cita é ás 19:30 e a entrada, en forma de donativo para a banda, custa o módico prezo de catro euros; si, liches ben, 4 euros. Ademais haberá sorpresas e postos de comida para que non se diga que vos deixan morrer de fame. A organización solicita máxima puntualidade xa que eles vana cumprir.

Deixámosvos cun vídeo de Live on Litium dos vigueses:

Unha noticia publicada orixinalmente en Desconcierto.com

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta