Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 09:54
O incendio que comezou o martes ás 22,41 horas na parroquia de Vilarmeao de Viana do Bolo (Ourense) quedou extinguido tras queimar 24 hectáreas de monte raso, de acordo coas últimas medicións, das que informou a Consellería do Medio Rural este xoves.
Para apagar este lume, que se dá por extinguido desde as 20,40 horas do mércores, traballaron sete axentes, 14 brigadas, nove motobombas, dúas pas e un helicóptero.
En Manzaneda, tamén na provincia de Ourense, considérase controlado desde as 21,14 horas deste mércores o incendio que afecta á parroquia de Reigada e que empezou ás 22,13 horas do martes.
Polo momento, calcúlase que afectou a unhas 20 hectáreas. Mobilizáronse para os labores de extinción ata o momento un técnico, cinco axentes, 18 brigadas, 10 motobombas, unha pa e dous helicópteros.
A Consellería lembrou que no mesmo municipio rexistráronse na mesma noite do martes outros catro incendios, que non chegaron ás 20 hectáreas e xa están extinguidos. Todos comezaron a horas nas que xa non poden intervir os medios aéreos. Un deles foi tamén na parroquia de Reigada, dúas en San Miguel de Bidueira e un máis en Cernado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.