Detido en Ourense un home por homicidio en grao de tentativa por uns feitos ocorridos en novembro

Outro investigado fuxiu a Santo Domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Ourense a un home como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa por uns feitos que ocorreron na cidade en novembro do ano pasado.

Na madrugada do 1 de novembro de 2019, ao redor das 7,10 horas, un mozo foi agredido por tres individuos na confluencia das rúas Valle Inclán e Bedoya. Tivo que ser atendido de varias lesións de diversa consideración en pescozo, costas e man esquerda.

Tras a agresión, o mozo foi abandonado na rúa mentres sangraba abundantemente, indicou a Policía Nacional. Unha ambulancia trasladouno a urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para ser tratado das súas feridas.

Axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violencia da comisaría provincial iniciaron unha investigación na que identificaron ao presunto autor das feridas producidas cunha navalla, quen tratou de picar á vítima no abdome e ocasionoulle lesións nos dedos da man esquerda porque a vítima trataba de evitar a acometida coa arma branca.

Esta persoa foi detida o 4 de novembro de 2019. Tamén se identificou a un segundo implicado, quen levaba unha botella de cristal e, tras rompela, agrediu á vítima no pescozo e as costas.

Posteriormente, deuse á fuga e non foi localizado ata o pasado 4 de setembro, cando se procedeu á súa detención. O home ten 24 anos e é natural de Santo Domingo (República Dominicana). Ten no seu historial 11 detencións anteriores e, tras este arresto, pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade. Outro dos implicados fuxiu fóra de España para non ser localizado, agregaron as mesmas fontes.

Detenticón
Detenticón | Fonte: . POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta