O BNG propón a eliminación das comisións bancarias, especialmente para persoas desfavorecidas

Pide que se regule o deber, por parte das entidades bancarias, de aplicar de forma automática 'Contas de Pago Básicas' sen comisións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego presentou no Congreso unha proposición non de lei para reclamar a eliminación das comisións bancarias, sobre todo para aquelas persoas en risco de exclusión social.

En concreto, o deputado nacionalista, Néstor Rego, apuntou que contar cunha conta bancaria é "un servizo básico imprescindible para toda a cidadanía", polo que "resulta abusivo o cobro destas comisións aos usuarios".

O deputado engadiu que "é case obrigatorio contar, canto menos, cunha conta aberta nun banco ou caixa de aforros onde poder recibir os ingresos da nómina, pensión ou subsidio" ou desde a que facer pagos que "deben constar necesariamente mediante transferencia bancaria".

Como exemplo, Néstor Rego puxo o Ingreso Mínimo Vital, que se destina á poboación en maior situación de vulnerabilidade, pero que "debe ser recibido a través dunha conta bancaria necesariamente e sobre esa conta deberán pagarse comisións".

Neste sentido, esixe que se regule o deber por parte das entidades bancarias de aplicar de forma automática 'Contas de Pago Básicas' sen comisións para todas aquelas persoas que, por recibir subsidios ou axudas públicas xa teñan acreditada a súa situación de vulnerabilidade. Ademais, pide que sexa obrigatorio que as entidades bancarias oferten esta posibilidade a todos os seus usuarios e usuarias.

Protesta diante dunha sucursal de Abanca polas comisións
Protesta diante dunha sucursal de Abanca polas comisións | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 María Castelo

Pra isto votei BNG. Os ppsoepodemoscsetc só pensan no seu e na moqueta. O Bloque pensa e defende os intereses dos galegos. Moi orgulloso do partido e do seu traballo (o do pazo de Meirás é unha boa mostra do qué significaría ter no poder da Xunta a unha presidenta!). Conta Básica Xa!

1 Crispín Maragato

Olá, María! Son o Crispín, non sei se te lembras? Non che quito razón nos que só pensan na moqueta. Por outra banda, cando os da UPG (a matriz do BNG, CIG e outras marcas) sentan os seus reais nos consellos de administración, pensa no caso da estafa das preferentes por Caixanova aos nosos paisanos e no investimento dos acordos do país en tixolo no Mediterráneo, calan e outorgan. Ou, por facer memoria, cando o BNG debe cartos á banca deixa facer: caso de Massó en Cangas, sendo alcaldesa e contable da organización a mesma Clara Millán. Por certo, daquela a lideresa actual xa andava por alí, pois leva tanto tempo na cúpula que algunha responsabilidade compartirá por pertencer á membresía do Consello Nacional e á élite de escollidos. Logo, o da conta básica, é elemental (en Portugal existe). Coidate dos raposos!