Primeiros chamamentos a "deixar baleiras" as aulas galegas contra a "improvisación" da Xunta

Familias en Folga insta a nais e pais e non levar á rapazada ó colexio de xeito indefinido.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Nova escalada de tensión nos compases previos ó regreso ás aulas máis atípico que se lembra. As chamadas a folgas puntuais os días 10 e 16 deste mes de setembro estanse a converter en convocatorias de folga indefinida para protestar contra a "improvisación" da Consellería de Educación, dependente da Xunta de Galicia.

Estudo, estudar, estudante, estudantes, clase, clases, aula, aulas, alumno
Estudo, estudar, estudante, estudantes, clase, clases, aula, aulas, alumno

O primeiro dos chamamentos vén da man da asociación Familias en Folga, que chama ás nais e pais do alumando da comunidade a "non levar ós rapaces de escola" de xeito indefinido e ata que se cumpran que garantan un regreso ás aulas seguro. Dende a plataforma afirman que as convocatorias do 10 e 16 son "insuficientes" e que "non ten sentido expoñer á cativada a ese escenario nin sequera un día"-

De acordo coa denuncia da organización, os centros escolares que van atopar os rapaces "non minimizan o risco de contaxio", ao igual que "tampouco propician un ambiente no que se poidan producir aprendizaxes nin as situacións de socialización que dan sentido á escola". Ante esta situación, chama a deixar baleiras as aulas de xeito indefinido para obrigar á Xunta a recuar.

DIFICULTADES PARA CONCILIAR

Dende a plataforma recoñecen que a convocatoria pode resultar difícil de seguir por parte dunha serie de familias con problemas de conciliación e "ao non contaren con alternativas de coidado". Ante esta situación, dende a asociación "animan nas súas redes á autoorganización comunitaria para que as persoas que queiran unirse á protesta poidan facelo".

As principais denuncias da asociación oriéntanse á reconstrución do protocolo en tanto que "o deseño actual de medidas no plan non responde aos coñecementos actuais sobre o virus nin sobre a súa transmisión", unha información que "recomendaría optar por grupos moi reducidos, espazos abertos sempre que sexa posible e tempos de permanencia máis curtos" que os dispostos no texto.  Neste sentido, sinalan que "se os criterios adoptados fosen sanitarios" non existiría a "diferenza de medidas" entre primaria e secundaria, "onde non existen os grupos burbulla e si se permitiu reducir a ratio para garantir a distancia de 1,5 metros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta