Unha familia británica atopa un gran tronco á deriva cheo de percebes e pensan que é un alien

Varios medios británicos deron conta da noticia. Despois dunha busca en Google, decatáronse que estaban diante do marisco máis exclusivo de toda Europa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Unha famila descubriu unha morea de percebes adheridos a un tronco nunha praia de Gales. A familia ao principio pensou que podería ser vida extraterrestre

O tronco cheo de percebes encontrado nunha praia de Gales.
O tronco cheo de percebes encontrado nunha praia de Gales. | Fonte: EuroWeekly

Desta maneira, o medio británico EuroWeekly e tamén outros medios como DailyMail e WalesOnline, falan de como a muller encontrou o tronco cheo de percebes a beira do mar e despois chamou á súa familia porque non sabía que era. 

O fillo buscou en Google que poderían ser estas criaturas e achou que eran "Goosenecked Barnacles", chamados en Galicia e Portugal "percebes" e que tiñan un gran valor no mercado, sendo un dos mariscos máis exclusivos de Europa. 

Martyn Green, o pai da familia, ao decatarse do exclusivos que son e do valor que tiñan os percebes que encontrou, sobre 55.000 euros, decidiu manter en secreto a súa localización.

GORDON RAMSEY

Hai case unha década, o afamado chef Gordon Ramsey visitou as nosas costas para descubrir o mundo destes moluscos, indo el a faenar e despois preparándolle aos percebeiros un prato de percebes "tapas style". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ukañistan

Eses percebes de deriva en troncos, boias e táboas non se comen. Non teñen valor ningún. Vaia panda de borregos.

1 Gamela

Na miña vira unha forma máis brutal de escarallar un bo percebe !!! Animalitos !!!