Críticas ó Correo Gallego polo seu "ataque" a un centro que esixiu aprazar o inicio do curso

"Panfleto servil" e "a vergoña da cidade", entre os comentarios duns tuiteiros que lle esixen ó diario que "cale a boca".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Continúan as polémicas do inicio de curso máis movido que se lembra. O derradeiro episodio de enfrontamento entre centros e Consellería vén de salpicar a El Correo Gallego, que na xornada de onde publicou un editorial crítico co IES compostelán Rosalía de Castro polo que veñen de choverlle críticas nas redes sociais.

Xornais. UNIVERSIDADE DE SWANSEA - Arquivo
Xornais. UNIVERSIDADE DE SWANSEA - Arquivo

No texto, o xornal santigués acusaba á dirección do centro -que unhas xornadas atrás presentou a súa dimisión- de "desentenderse de malas maneiras" da responsabilidade correspondente, á vez que gababa a actitude de Román Rodríguez. "Fai o conselleiro o que debe", destacaron. O editorial xa recibiu múltiples mostras de rexeitamento frontal.

Algúns apuntaron de xeito particular á actitude do diario logo de que a Xunta cedera ás presión de centros e anpas e decidira aprazar o comezo das aulas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Moine

El Correo nom é outra cousa que a folha paroquial do PP. Só o podem ler os parv…. A demais gente cuida-se bem de olhar tal porcaria.

2 Sentidiño

Os lambetraseiros de El Correo Gallego correron denigrar a comunidade do Rosalía, e facerlle a pelota ao novo conselleiro, antes mesmo de que Román Rodríguez opinase... e cando opinou, deulle a razón ao Rosalía. Os dinosauros quedaron retratados.

1 il correo palleto

Aínda le alguén esa "deposición fecal"?