Temas: PP ELENA CANDIA

O PP de Lugo celebra que o Congreso rexeitase o decreto de remanentes

Critica a postura dos deputados socialistas pola provincia.

Por E.P. | Lugo | 11/09/2020 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Lugo enviou un comunicado no que celebra que o pleno do Congreso rexeitase convalidar o decreto lei que recolle o acordo coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a cesión ao Estado dos remanentes municipais e, en consecuencia, "a súa derrogación".

Elena Candia, presidenta do PP de Lugo
Elena Candia, presidenta do PP de Lugo | Fonte: Europa Press.

A presidenta provincial do partido, Elena Candia, en nome de todos os populares lucenses, mostra a súa satisfacción polo resultado, pois a medida era, esgrimiu, "un atentado e saqueo ás entidades locais".

Por este motivo, Candia lamenta que os deputados socialistas de Lugo na Cámara Baixa "volvesen preferir defender a Sánchez e non aos lucenses".

"Demostraron cales son as súas prioridades. Coñecen a situación da provincia e dos seus concellos, polo que votar a favor deste acordo é ser claramente cómprices do que ía ser o maior roubo nunca antes feito ás entidades locais", censurou.

Temas: PP ELENA CANDIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta