Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 09:15
Foi polo século IV cando os romanos de Hispania colocaron a uns 57 kilómetros de Santiago o 'miliario' na honra do emperador Magnencio. Hoxe, 1.700 anos despois, a vila de Cerpozóns recuperará o seu monolito ó emperador grazas ó impulso da asociación veciñal O Chedeiro e a Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra.
O monolito estará disposto no mesmo punto do Camiño de Santiago no que se situaba o orixinal -hoxe conservado no Museo de Pontevedra- e conta cunha inscripción adicional que dá a benvida ós peregrinos en en varios idiomas. Tamén permanece o texto orixinal, dedicado ó "pío, feliz e augusto" emperador.
A función dos miliares como o que hoxe replica a Concellería era marcar as distancias entre cidades ou referencias no Imperio Romano, tratándose o de Cerpozóns dunha sinal relativa a Santiago de Compostela. Dende o Concello indica que a disposición histórica deste elemento "permite indicar un punto da Ruta Xacobea polo que pasaba a Vía Romana XIX,
construída fai 2.000 anos".
INICIATIVA VECIÑAL
Á inauguración do monolito desprazáronse a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, a presidenta da asociación veciñal O Chedeiro, Liliana Casás, e do seu secretario, Juan José Esperón. A presidenta da plataforma agradeceu a Blanco o seu apoio á demanda veciñal “nestes tempos tan difíciles nos que resulta moi
complicado facer cousas”.
Casás aproveitou a ocasión para convidar “a todo o mundo a facer o Camiño Portugués, que pasa por Cerponzóns, e en especial aos pontevedreses, aos urbanitas e aos veciños das demais parroquias”. “Que nos veñan coñecer -asegurou Liliana Casás-, que non
se van arrepentir".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.