Isabel Neira, Vázquez Taín, Luis Caramés ou Venancio Salcines nas novas actividades do Grupo Colmeiro

No vindeiro mes de outubro, levarán a cabo unhas xornadas sobre as consecuencias económicas e sociais da pandemia do coronavirus.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O Grupo Colmeiro reinicia a súa actividade, despois da incidencia da Covid-19, nos eixos opinión e debate tanto en Galicia como no panorama internacional. 

Luis Caramés no acto de nomeamento como académico numerario da Real Academia das Ciencias
Luis Caramés no acto de nomeamento como académico numerario da Real Academia das Ciencias | Fonte: www.ragc.gal

CONSECUENCIAS DA PANDEMIA

A principios do próximo mes de outubro levarán a cabo unhas xornadas, presenciais e por videoconferencia, sobre as consecuencias económicas e sociais da pandemia do coronavirus. Nestas xornadas colaborarán coa ULC e a Fundación Belarmino Fernández Iglesias (FBFI). Ademais, integrantes do Grupo Colmeiro, tanto de Galicia como de Arxentina, Brasil, Francia, Italia, México, Portugal e Uruguai expoñerán os seus puntos de vista e discutirán sobre políticas de recuperación.

No último trimestre do ano, a profesora Isabel Neira e os profesores Miguel Vázquez Taín, Venancio Salcines e Luís Caramés Viéitez, intervirán en actividades da Columbus University e a Universidade LiberQuaré, de Panamá e México, respectivamente, sobre as consecuencias socioeconómicas da pandemia.

O profesor Caramés tamén participará o 12 de novembro no XII Seminario Internacional de Economía Pública Local, en Pátzcuaro, Michoacán, México, co relatorio “Á mantenta da pandemia. A coordinación no federalismo fiscal”.

O Grupo Colmeiro retomará a elaboración do Barómetro Galego de Equidade Laboral, a cargo da profesora María Bastida, o profesor Nieto Roig e o profesor José Ramón Cancelo, sobre a evolución dos indicadores máis significativos do mercado laboral feminino. As políticas públicas, en opinión do profesor Caramés, "han de ter en conta particularidades de xénero que condicionan os indicadores estruturais da economía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta