O Concello da Coruña implanta un sistema móbil de detección de calidade do aire para reducir a contaminación

Por E.P. | A CORUÑA | 16/09/2020 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña implantou un sistema móbil que analiza a calidade do aire para poder tomar medidas de redución da contaminación atmosférica. O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, explicou que o dispositivo se colocará en vehículos que percorrerán a cidade tomando datos para "mellorar os niveis de saúde ambiental".

En declaracións aos medios na inauguración da Semana Europea da Mobilidade, o edil avanzou que os datos recollidos polo sistema interconectaranse "con outras fontes de información para ver como incide a mobilidade na calidade do aire". "Espero que vexamos como as emisións se van reducindo", destacou.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, tamén presente no acto, defendeu que a mobilidade é un "eixo" do seu proxecto de goberno: "Non é unha cuestión dunha semana ou dun mandato". Remarcou que está en marcha o plan para que os vehículos circulen a 30 quilómetros por hora en rúas dun carril para facer a cidade "máis segura e mellorar a saúde pública e a calidade ambiental".

Contaminación polo tráfico
Contaminación polo tráfico | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta