Confinada unha aula do colexio San Francisco de Vilagarcía tras o positivo dun alumno

É unha aula de 6º de Primaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 23:10

Comparte esta noticia

O positivo dun alumno do colexio San Francisco Javier de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) obrigou a pechar unha aula, cunha vintena de estudantes e a súa profesora en corentena.

Diso informaron a Europa Press fontes municipais, que ratificaron que o centro, concertado, tivo coñecemento do positivo unha vez concluída a xornada escolar deste mércores.

A aula afectada corresponde a 6º de Primaria e o centro, seguindo os protocolos, procederá á desinfección.

Aula
Aula | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta