O centro de Marín inundouse de augas fecais dous días despois de que a conselleira inaugurara o novo colector

“Ethel Vázquez e a alcaldesa María Ramallo fixeron un ridículo histórico”, denuncia a plataforma veciñal de Lourizán.

Por Galicia Confidencial | Marín | 18/09/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Dous días despois de que a conselleira Ethel Vázquez e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, inaugurasen as obras do novo colector e da estación de bombeo, cunha inversión de 3,1 millóns de euros e tras dous anos de obras, o centro urbano de Marín inúndase de augas fecais

Marín, en Pontevedra
Marín, en Pontevedra | Fonte: terrasdepontevedra.org

“Dous días despois de asegurar diante dos medios que esta obra vai cumprir un papel fundamental para o bo funcionamento do sistema de saneamento da vila, os feitos falan por si mesmos. O ridículo é histórico. E sería gracioso se non foran cartos públicos”, denuncia a Plataforma veciñal de Lourizán.

Nun comunicado, a entidade lembra que aconteceu o que leva dous anos denunciando; que esta obra, malia ser unha inversión millonaria, “non soluciona ningún dos principais problemas da rede de saneamento en Marín”, isto é, a entrada de augas pluviais e auga de mar en diferentes puntos da rede.

Por iso, consideran que a EDAR seguirá a funcionar mal, especialmente, en días con moita choiva como aconteceu este pasado xoves “porque a rede na Rúa Lameira vén polo cauce do río e cando chove moito, o sistema colapsa e desbordan as augas fecais”. “A Xunta e o Concello sábeno e non fixeron nada… É un auténtico despropósito”, denuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta