O BNG de Santiago denuncia que a falta de iluminación en zonas da cidade provoca "inseguridade"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O BNG de Santiago denunciou a falta de iluminación en certas zonas da capital galega, o que provoca "inseguridade" tanto no plano físico, polo risco a tropezar ou caer, como "psicolóxica", especialmente nos meses de inverno nos que hai menos horas de luz.

A formación frontista presentou unha batería de iniciativas para levar ao pleno nas que instan o Goberno local que encabeza o socialista Xosé Sánchez Bugallo a adoptar medidas neste e outros servizos municipais como o de recollida de residuos.

As demandas do Bloque céntranse na rúa Angustia e Home Santo, ademais do Campus Sur. Sobre este último, lembran que existe un acordo plenario aprobado por unanimidade en outubro do ano pasado polo que o consistorio se compromete a acondicionar o campus para evitar situacións de acoso sexual.

Esta falta de iluminación, engade, provoca ademais "cambios no percorrido habitual de persoas, sobre todo mulleres, para camiñar ou aparcar os seus vehículos en zonas psicoloxicamente máis seguras".

Un farol
Un farol | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta