Morre un operario da construción atropelado por un camión de obra en Fene

Por E.P. | Ferrol | 21/09/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

Un operario da construción duns 60 anos faleceu sobre as 11,15 horas deste luns atropelado por un dumper de obra cando se participaba nos traballos de construción do novo supermercado de Mercadona, no polígono industrial de Vilar do Colo, en Fene.

Segundo informou o 112, a alerta sobre este accidente activouse ás 11,15 horas deste luns despois de recibir a chamada de alerta dun compañeiro, na que solicitaba a asistencia sanitaria urxente para este traballador.

Por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos profesionais Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida. Segundo explicaron, a vítima estaba atrapaba baixo o camión, polo que, tamén foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol e dos membros do GES de Mugardos.

Deste xeito, o traballador foi liberado, pero xa sen constantes vitais, confirmaron por parte do servizo de emerxencias, tras ser atropelado por un camión para o transporte de material lixeiro. Ao lugar, acudiron, ademais de persoal sanitario, efectivos de Bombeiros de Ferrol, do GES de Mugados, Garda Civil e Policía Local de Fene.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta