O detido pola morte do seu sobriño de tres anos permanece hospitalizado en atención psiquiátrica

Non constan antecedentes e a vítima morrería axfisiada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2020 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

O home detido pola morte do seu sobriño de tres anos na noite do luns en Santiago de Compostela permanece hospitalizado baixo custodia policial nun centro sanitario, mentres proseguen as investigacións policiais.

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela

As pescudas sobre a morte dun neno de tres anos en Santiago de Compostela apuntan a que "foi asfixiado polo seu tío materno", quen segue hospitalizado con custodia policial tras ser detido. Así o confirmou este martes a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, en declaracións na Cadea Ser recollidas por Europa Press, nas que indicou que o detido atópase no hospital "á espera da valoración clínica do seu estado de saúde", así como da decisión da autoridade xudicial.

Fontes consultadas por Europa Press apuntaron que non lle constan antecedentes ao detido en relación á morte do menor, pero sinalaron que está a tratamento psiquiátrico. A toma de declaración do detido, puntualizaron as mesmas fontes policiais, "dependerá da valoración que fagan os médicos" da situación do individuo.

AUTOPSIA

A alerta do sucedido deuse pouco despois das 20,00 horas deste luns na rúa Loureiros da capital galega e efectivos sanitarios tiveron que prestar asistencia tamén a familiares da vítima mortal, de tres anos.

O presunto autor dos feitos foi detido no lugar e trasladado posteriormente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago polo seu estado de alteración. A Policía investiga as circunstancias do suceso e está á espera da autopsia para determinar a causa do falecemento, aínda que os primeiros indicios apuntan a que puido ser por asfixia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta