Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 10:11
A Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro celebra este mércores na cidade herculina e en Santiago o seu tradicional peditorio co obxectivo de recadar fondos que axuden a avanzar na investigación oncolóxica.
Segundo informou a entidade, nesta ocasión, debido á pandemia provocada pola Covid-19 e "para cumprir con todas as medidas de seguridade e protexer á poboación, o peditorio será, fundamentalmente, dixital".
En Santiago instalaranse seis mesas -un número moi inferior ao de ocasións anteriores-, indicou a entidade, e nelas non colaborarán persoas con perfís de risco.
Ademais, por primeira vez, púxose en marcha un sistema de doazón telemático a través de huchas virtuais para que, quen o desexe, poida colaborar desde calquera lugar a través de Internet. Na provincia da Coruña, é posible doar a través do enlace https://yoayudo.aecc.es/huchadigital/2000001100
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.