Por Pablo Conde | A Coruña | 10/04/2013 | Actualizada ás 19:54
Ivan Sanchez Rico, alias Riki, chegou no verán do 2006 o Deportivo dende o Xetafe sen destacar nunca no apartado goleador cun gran número de goles. A presente parece ser a tempada do cambio, con 13 goles. O dianteiro de Aranxuez figura como terceiro no ranking Zarra, que premia ao mellor goleador nacional. O Deportivo desta maneira solventa unha dos maiores problemas nas ultimas tempadas, o gol.
Os goles desta tempada están erguendo a súa sona, pero o contrato remata
Dende a Praza de Pontevedra xa se iniciaron as negociacións para alcanzar a renovación, pero non parece sinxela, a súa boa tempada despertou a atención de numerosos clubs, de España e de fára das fronteiras.
A escuadra herculina encontrase nun momento económico no que non pode competir con moitos clubs por quedarse cos seus mellores xogadores, a presencia dunha administración concursal na entidade, e a obriga de reducir custen imposibilitan a súa continuade.
Riki remata contrato en xuño, e con 32 anos podería buscar o seu último gran contrato. Fronte a esta situación, a súa estabilidade na cidade coruñesa na que leva dende o 2006 podería ser o único argumento que lle quedaría a escuadra herculina, ante o rexeitamento da primeira oferta de renovación ofrecida en xaneiro.
Wigan, Zaragoza, Xetafe e Espanyol, seguen os seus pasos
Nos últimos dias saíu a luz as intencións de voltar a tentalo por parte da equipa herculina, pero a presenza do Espanyol e do Wigan, poderían minguar as opcións de continuidade do ariete madrileño na Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.